Site icon Crónica3.com A Mariña

Os combinados mariñáns acadaron un título infantil e tres finais no Torneo EON de FS

Nota da prensa:

Un título infantil e tres finais foi o botín acadado polos combinados mariñáns no Torneo EON de Fútbol Sala organizado polo CD Burela FS. Amén disto, a sensación de dominio na meirande parte das categorías foi clara, posto que foi a entidade, xunto con Vigo 2015, que mais equipos colocou en
semifinais, cun total de tres. Ademáis estes tres equipos accederon á final dándose o caso de ser o único equipo que xogou varias finais, de novo tres.
O campionato comezou o venres á tarde e o dominio mariñán xa se palpaba posto que ningún equipo caeu derrotado gañaron infantís e alevíns e empataron cadetes e benxamíns. O sábado pola mañá os mariñáns seguían na boa linea e so os cadetes caeron derrotados. Aínda así as outras tres seleccións pasaban de grupo con grandes perspectivas de victoria. So a selección cadete quedou fora da fase final tras un empate e dúas derrotas. Deste xeito o domingo á mañá o equipo benxamín, adestrado por Emilio Rosanes, acadaba o billete para a final, así como o conxunto alevín, que eliminaba ó UD Las Rozas Boadilla por 5-2. O conxunto infantil tivo que sufrir arreo ante o Vigo 2015, posto que pouco antes do descanso perdía por 0-2, pero un gol antes do descanso fixo de revulsivo para os rapaces que os cinco minutos da reanudación xa voltearan o marcador.
Logo a falta de 3 minutos unha rigorosa expulsión fixo que os mariñáns xogaran cun menos e ncaixaran o empate a falta de un minuto, o que deixaba todo para os penaltis, nos que os mariñáns estiveron mais acertaron e acadaron o pase para a final da tarde.
Na sesión vespertina o protagonismo ó comezo foi para os mais pequenos e así o Troula FS e a Selección da Mariña disputaron unha final mais igualada do que indica o marcador final, posto que a falta de dez minutos o electrónico reflexaba un 2-2 que se convirtiu nun 7-2 para os betanceiros. Nada que replicar á victoria, xa que os nenos mariñáns chegaron moi cansados á final.
A final alevín deparaba un derbi de gran rivalidade entre o Santiago de Foz, adestrado por Christian Gómez Fustes, símbolo do traballo na base, e a Selección da Mariña adestrada polo tamén focense Francisco Vázquez Beltrán.
Dúas entidades amigas e colaboradoras enfrontábanse na busca do primeiro posto, pero de xeito moi cordial posto os responsables de ámbolos equipos gardan amizade. Os campións provinciais de Fútbol – 7 non tardaron en imponer a súa superioridade e chegaba 2-0 ó descanso ante un combinado
mariñán que non o facía de todo mal pero que non era capaz de contrarrestar a abalancha focense. Recurtou distancias a pouco do descanso a Selección da Mariña, pero co paso dos minutos o Santiago de Foz recobrou a manixa do partido e foise 4-1 no mardador final.
Na final infantil había tamén rivalidade, entre o Eon Burela FS e a Selección da Mariña, tamén adetrada por Christian Gómez Fustes, e que contaba con xogadores que se coñecen á perfección e que teñen compartido equipo nalgúns casos. A primeira metade foi de claro dominio mariñán, que se adiantaba no
marcador 3-0 en dúas xogadas moi parecidas. Os visitantes gozaban das mellores ocasións e os locais parecían noqueados, a pesar de chegar en algunha perigosa contra. Aínda así chegou o 3-0, pero pouco antes do descanso os locais fixeron o 3-1que deixaba todo aberto para a segunda metade. Nese segundo período os lacais apretaron mais, buscaron a superioridade física dalgún dos seus homes e recurtaron distancias nunha xogada parecida á do primeiro gol.
Visto isto, seguiron a colgar balóns de saque de banda, ata que chegou o empate a tres a falta de dous minutos para a conclusión, nunha xogada algo mais elaborada. Por parte dos mariñáns, o cansancio facía mella en parte dos xogadores, que acusaban o esforzo de todo o fin de semana e da disputada semifinal da mañá. Aínda así chegaron con perigo poñendo a proba en mais dunha ocasión ó meta local. Todo se decidiu nos penaltis onde a sorte voltou a estar de cara para os mariñáns que se levaron o trofeo de gañadores.

Exit mobile version