Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz considera que o emprego ten que ser o principal obxectivo para a corporación municipal

Nota de prensa

EXPÓN:

Tendo en conta a situación na que nos encontramos en estes momentos onde o emprego é a dificultade máis importante para as familias; Unifoz considera que ten que ser este o principal obxectivo para a corporación Municipal.

Os escasos recuros das administracións públicas teñen que orientarse nestes momentos a amortiguar a situación de desemprego, con plans de emprego temporais así como plans de formación, sen esquecer políticas de estimulo para emprendedores e creación de empresas que repercutan na creación de emprego.

Que ainda que en términos políticos fálase de da concesión de cen días de gracia e de confianza para os novos governos , as especiais dificultades dos nosos veciños/as ,esixen con urxencia a toma de decisións en materia de emprego.

Que somos coñecedores que a Deputación Provincial fai uns meses moi acertadamente e para facer frente a situación de desemprego e a díficil situación das familias, puxo en marcha un plan chamado LUGOEMPREGA, que permitiu a contratación de preto de 29 desempregados no noso Concello.

Tendo en conta que están a punto do seu remate todos os contratos, e vendo que as circunstancias que motivaron o plan son similares ás que había antes do 22 de maio así como a necesidade de persoal para obras e servizos para o Concello.

UNIFOZ presenta esta MOCiON para que a Corporación na seguinte sesión plenaria acorde medidas urxentes para facer fronte ás consecuencias da situación de desemprego na que se atopan os nosos veciños /as, e entre outras se proceda a solicitar á Deputación a convocatoria dun novo plan de emprego LUGOEMPREGA, para poder seguir axudando ás familias que se encontran en desemprego, así como para poder seguir atendendo obras e servizos municipais.

Así mesmo se traslade o acordo a Mancomunidade de Municipios para que se sume a esta proposta.

Exit mobile version