Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presentou varias enmnedas no último pleno, “catro correspondentes á proposta que fixera o PP fai catro anos”

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA DA SESIÓN PLENARIA DO DÍA 13 DE XULLO

UNIFOZ, que facía acto de presencia por primeira vez na Corporación Municipal de Foz con tres Concelleiros/as presentou unha enmenda á proposta do goberno do PP, para que se crearan cinco comisións máis das tres suxeridas polo mesmo; catro correspondentes á proposta que fixera o PP fai catro anos cando estaba na oposición: Servizos; Cultura ,Educación , Deporte e Turismo ; Desenrolo e Promoción Social ; Sanidade, Seguridade Cidadá e M.Ambiente e unha a maiores para esa gran obra do Porto para Foz que ten que ter un trato preferente ,así pois consideramos necesario crear unha comisión para o seguimento da mencionada obra.
Pensando no consenso e diálogo político tamén propuxo UNIFOZ constituir e regular o funcionamento da Xunta de Portavoces.
A mencionda enmenda foi aprobada co apoio do PSOE e do BNG.
No apartado da Adicación Exclusiva do Alcalde, UNIFOZ, considera imprescindible a mesma e por iso se mostrou favorable , aínda que UNIFOZ xustifica a posición de absterse, por que nese punto se votaba tamén a cantidade da asignación económica, e neste apartado UNIFOZ , considera que non hai ningún criterio xeral que o poda xustifar, pois cunha simple análise, podemos ver as grandes diferencias económicas entre uns concellos e outros.
UNIFOZ,considera que todos teñen e mesma responsabilidade, a de ser Alcaldes/Alcaldesas independentemente da profesión que tiñan antes de acceder ó posto, pois tampouco neste caso se aplicou.
UNIFOZ, considera que a diferencia de responsabilidade de un/unha Alcalde/ Alcaldesa está condicionado polas peculariedades de cada Concello (poboación, extensión, presuposto…), así pois é necesario unha lei que o regule .
UNIFOZ decidiu a abstención en todos os puntos que facían referencia ás asignacións económicas a grupos e asistencias a plenos….polo mesmo criterio.

Exit mobile version