Site icon Crónica3.com A Mariña

Xunta e Concello de Barreiros organizan unha exposición no centro Manuel Díaz Sampedro

Nota de prensa

XOVES INAUGÚRASE EN BARREIROS A EXPOSICIÓN  ELAS FAN O CAMIÑO.

Barreiros, 25 de xullo de 2011. Desde o vindeiro xoves, 28 de xullo, poderáse ver no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a exposición de pinturas Elas fan o camiño, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e o departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros.

Segundo explica o alcalde, Alfonso Fuente, “a través desta exposición preténdese dar a coñecer o protagonismo das mulleres nas rutas de peregrinación a Compostela, facendo un percorrido pola historia das mulleres que peregrinaron a Santiago desde os lugares máis afastados e relevantes do cristianismo, e que tamén foron protagonistas na creación e o mantemento das diferentes rutas de peregrinaxe”.

A exposición Elas fan o camiño estará en Barreiros ata o 9 de agosto e poderá ser visitada en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Exit mobile version