Site icon Crónica3.com A Mariña

39 empresas presentan ofertas para construír a Escola de Enxeñería Civil dotada de 3,8 millóns de euros

Nota de prensa:
39 empresas presentan ofertas para construír a Escola de Enxeñería Civil dotada de 3,8 millóns de euros

– Este venres celebrouse a mesa de contratación destas actuacións, rexistrándose un total de 27 ofertas, presentadas por entidades das 4 provincias galegas, Madrid e Barcelona

– Só 4 empresas lucenses presentaron ofertas malia que todas as interesadas puideron facelo durante 1 mes, logo da publicación do proceso no BOP e no Perfil do Contratante

– A institución contratará estas actuacións en 1 mes polo que a adxudicataria/s terá un prazo máximo de 16 meses para contruir o edificio deseñado polo lucense Marcos Parga

– O organismo provincial conta para elo cunha superfície de 4.000 metros cadrados da zona comprendida entre as avenidas de Madrid e Pablo Iglesias

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, deu conta este venres da celebración da mesa de contratación das obras de construción da Escola de Enxeñería Civil para ás que a institución achega un total 3.840.000 euros. Martínez avanzou que se recibiron 27 ofertas dun total de 39 empresas, procedentes das 4 provincias galegas e ata de Madrid e Barcelona. Martínez lamentou que, malia que todas as entidades interadas na adxudicación destes traballos puideron facer as súas propostas durante un prazo de 1 mes, e a pesares da publicidade deste proxecto tanto no Boletín Oficial da Provincia como no Perfil do Contratante, só 4 empresas lucenses, dúas de forma individual e otras tantas conxuntamente con otras entidades (UTE), presentaron as súas ofertas.

Estas empresas son as seguintes: Fcc Const S.A. (A Coruña); Abeconsa (Ferrol); UTE E.OC Galicia S.A-Assignia Inf.SA (A Coruña); Extraco Const. e Proxectos S.A (Ourense); UTE Agrupconsa S.L-Canalugo S.L (Ourense-Lugo); Vias y Const. S.A (Madrid, delegación en A Coruña); UTE Cons. Coto Ribadeo-Cyes Inf S.A (Lugo-Oviedo); Dragados S.A (A Coruña); Const.Ramirez S.L.U (Pontevedra); Sacyr S.A.U (Madrid); UTE Bardera O.C e M.S.L.-Excover SL (Ferrol-Barcelona); UTE C.Rafer SL-Antonio F.Const. SL (Lalín); UTE Maxodiver SL-Jstop O e S. SL (Santiago); UTE Elecnor S.A-Gomez Crespo SL (Madrid-Ourense); UTE Corsán-Corviam C. AS-Oys N.SL (Santiago); Comsa S.A.U-Movex Vial SL (Santiago-Vigo); Copcisa S.A (Coruña), UTE Mantop SL-Forcimsa S.A (A Coruña-Barcelona); Jesús Martínez A. Const. S.A (Santiago); UTE Asogal C. SL-Cymi S.A (Lugo-A Coruña); Const. Vila Miño S.A (Lugo) UTE Conslar Ing.S.L.U-C.Galdiano S.A (A Coruña-A Coruña); Editec Obras y Proyectos S.L (Madrid); UTE C. Ángel Jove S.A.U-Climat.C.S.L (A Coruña); Antalsis S.L (A Coruña); Ogmios Proyectos SL (A Coruña); e EST. y Obras de Galicia S.L (A Coruña).

Inicio das obras en 1 mes

O organismo provincial contratará estas actuacións no prazo de 1 mes. A empresa ou empresas que resulten adxudicatarias poderán iniciar os traballos de xeito inmediato. O prazo máximo de execución é de 16 meses. A Deputación conta xa con 4.000 metros cadrados da zona comprendida entre as avenidas de Madrid e Pablo Iglesias para a construción do edificio deseñado polo arquitecto lucense Marco Parga, con capacidade para uns 100 alumnos.

Nesta mesma zona, a institución expropiará un total de 11.756 metros cadrados para situar a maiores o novo Centro de Investigación do Campus. Logo desta primeira fase de expropiación, o organismo provincial actuará tamén noutras dúas zonas: a comprendida entre a Avenida Bernardino Pardo Ouro e a Avenida Pablo Iglesias, de 13.633 metros cadrados que se adicarán ó sector servizos; e a rúa das Pedreiras e a nova rotonda, de 11.772 metros cadrados, onde se construirá un polideportivo. En total, a Deputación inviste 4,6 millóns na expropiación de 37.000 metros cadrados.

A construción da Escola de Enxeñería Civil, xunto á ditas expropiacións, enmárcanse dentro do obxectivo da Deputación de continuar co desenvolvemento do Campus 2015, un proxecto para o que, sumando esforzos coa USC, a institución achega máis de 7 millóns de euros.

Exit mobile version