Site icon Crónica3.com A Mariña

A Aula para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Burela comeza 4 cursos na segunda quincena de agosto

Nota de prensa

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA CELEBRA 4 CURSOS EN AGOSTO
Burela, 18 de agosto de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e
Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 4
novos cursos na segunda quincena do mes.
Nesta segunda quincena de agosto, o CeMIT de Burela impartirá 2 cursos de “Alfabetización
Dixital: Iniciación a Internet”.
O primeiro, que comezou o día 17 e rematará o día 24, celébrase en horario de 11 a 12:30
horas. O segundo comezará o día 22 e rematará o día 31. O seu horario será de 10 a 11 ho-
ras.
Con estes 2 cursos preténdese dotar, aos asistentes, das destrezas necesarias para
navegar na Internet a través do navegador libre “Mozilla Firefox”.
En agosto, tamén se iniciará un curso de “Alfabetización Dixital: Correo electrónico webmail”.
Este curso comezará o día 23 deste mes e rematará o día 6 de setembro. O seu horario será
de 18:30 a 20 horas.
Con este curso se amosará, aos participantes, a crear unha conta de correo electrónico e
como enviar e recibir correos doutras persoas.
Ademais, tamén se impartirá un curso de “Alfabetización Dixital: Redes sociais” co que se
amosarán as redes sociais máis comúns da Internet.
O curso comezará o vindeiro día 25 de agosto e rematará o día 1 de setembro. O seu
horario será de 11 a 12:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para
promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo
potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica,
empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores
dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar
parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden
dirixirse ao Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da
páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version