Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión en Defensa da Sanidade chama aos veciños de Foz a defender a ambulancia que quere retirar a Xunta

Nota de prensa

A COMISIÓN FOCEGA CONVOCA OS VECIÑOS A DEFENDER A AMBULANCIA

A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública reuniuse co fin de valorar a noticia de que sanidade pretende retirar a partir do 10 de setembro a ambulancia na quenda de noite do 061 que presta o servizo no concello de Foz. E a este respecto queremos facer o seguinte comunicado:

1.- Lamentamos profundamente a intención de sanidade de retirar esta ambulancia e desde xa posicionámonos en contra de dita retirada.

2.- A ambulancia de Foz e a única na provincia de Lugo proposta para a súa retirada. Novamente Foz e o branco dos recortes (Servizo de urxencias 24 horas, auditorio, centro da terceira idade, a nova depuradora, etc). Non hai recorte que non pase por Foz, e cando se fala de un novo recorte un dos sitios afectados sen dubida vai ser o noso pobo. Isto está a converter a Foz nun centro de estudo da paciencia dos veciños. Estannos a utilizar como unha Mururoa da paciencia.

3.- Dita ambulancia fixo 60 traslados na quenda de noite de Xullo deste ano. Datos que xustifican mais que suficientemente a necesidade da permanencia de dia ambulancia. Pero e mais, a necesidade da presenza da ambulancia vai mas alá do número de traslados que realiza, a necesidade da presenza da ambulancia vese reflexada na seguridade que presta os cidadáns.

4.- A presenza da ambulancia medicalizada en Foz non e motivo suficiente para a retirada da ambulancia da quenda de noite do 061. As saídas que comentamos fixéronse aínda co presenza da ambulancia medicalizada de Foz. Pero e mais. Todos sabemos que a ambulancia medicalizada e de ámbito comarcal e que si e requirida en outro sito debe de abandoar a base por o tempo necesario deixando a Foz sen servizo de ambulancia durante ese tempo.

5.- Si durante a quenda de noite e necesario o uso da ambulancia e non se atopa en Foz a ambulancia medicalizada, será necesario que a envíen de outra poboación, o que retrasará considerablemente o tempo de resposta a urxencia. E todos sabemos que en algunhas ocasións o tempo de resposta e vital nunha urxencia, e tamén sabemos que a vida das persoas non ten prezo.

6.- Todos os cidadáns teñen a obriga moral de defender os dereitos e os servizos da comunidade na que viven. Esta obriga moral e aínda moito mais relevante nos representantes das asociacións veciñais. E ninguén debe de permanecer o marxe na defensa dos intereses dos veciños e do pobo no que vive.

7.- Esta obriga moral transformase en obriga legal cando se trata dos representantes legais. Os Concelleiros de Foz teñen a obriga legal de defender os intereses do seu pobo e dos seus veciños. E esta defensa pasa por algo mais que por unha simple denuncia pública ou unha protesta formal. Pasa por esixir as autoridades competentes o respeto dos nosos dereitos e tomar as medidas e actuacións que sexan precisas para a súa defensa.

8.- Un alcalde e un concelleiro non poden ter a defensa dos intereses dun partido por riba dos intereses dos seus veciños. Si non o ve así que se presente a deputado ou senador, pero non a concelleiro nin a alcalde do seu pobo. Non pode xustificar un recorte de servizos para os seus veciños alegando problemas económicos a nivel nacional ou autonómico. Iso, en todo caso, debe ser labor de outros, pero a del e a de defender o seu pobo e os seus veciños por riba de todo.

9.- Como xa dixemos nos estamos en contra da retirada da ambulancia e tomaremos as medidas e accións que consideremos necesarias para que a retirada non se leve a cabo. Pedimos a participación de todos. Todos collen na nosa pancarta e nos acompañaremos todas aquelas que se mobilicen con este fin. Ninguén debe de permanecer o marxe desta xusta reclamación, e o alcalde e os concelleiros menos. Logo que ninguén se chame a engano.

Exit mobile version