Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública lamenta que o goberno de Foz rexeite a súa petición de apoio

Nota de prensa

Foz a 03 de Agosto de 2011

Nota de prensa

A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública quere facer público a seguinte nota de prensa:

1.- A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública lamenta a abstención do PP de Foz, no último Pleno Municipal, a moción presentada por esta Comisión solicitando o apoio da Corporación a reclamación de un Servizo de Urxencias 24 horas no Centro de Saúde de Foz.
O curioso o cambio de proceder do PP de Foz en este tema, pois fai tan só uns meses, en plena campaña electoral, manifestábanse a favor das urxencias. “Nos o cen por cen cos urxencias” dicían. Pero ben, collese antes a un mentireiro que a un coxo. O PP de Foz actuou como a voz de su amo en este tema e mirou mais por os intereses do PP autonómico que por os intereses dos veciños. Nos tomamos nota e sabemos a quen temos. Arrieros somos e no camiño nos veremos.

2.- A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública alegrase do desmentido do rumor que existía sobre da posible retirada do servizo de urxencias por as tardes no Centro de Saúde de Foz. Aínda que o rumor sexa alleo a nos, alegrámonos do desmentido e da continuidade das urxencias. En todo caso nos continuaremos na nosa labor de vixía da continuidade do servizo así como da calidade do mesmo.

3.- O Próximo sábado día 06 de Agosto, as 12 horas, no lugar de costume, terá lugar a concentración que a Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública ven facendo todos os primeiros sábados de mes. Estas concentracións fanse en demanda de un Servizo de Urxencias Médicas durante as 24 horas no Centro de Saúde de Foz. Esperámosvos. Todos somos necesarios e a todos afecta este tema. Por desgraza ninguén esta libre de ter que acudir a un servizo de urxencias, a calquera hora, ou calquera día.

Exit mobile version