Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación financia a Festa do Marisco en Cervo e a Festa Normanda en Foz

Nota de prensa:
A Deputación co comercio e a hostalería da Mariña

– A institución financia a Festa do Marisco e a Festa Normanda que hoxe acolle Cervo e Foz

– O Deputados mariñanos, Lara Méndez e José Ramón Val, participan nas xornadas festivas

O firme compromiso da Deputación co desenvolvemento da Mariña é visible hoxe coas celebracións da II Festa do Marisco e a I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica que acollen Cervo e Foz, respectivamente. A institución quixo colaborar con ambas as dúas iniciativas en apoio ó comercio e á hostalería da zona. Trátanse de dúas xornadas coas que, seguindo as liñas de actuación do organismo provincial, se pon en valor a riqueza gastronómica e cultural da provincia para impulsar os sectores produtivos.

A Vicepresidenta Segunda, a mariñana Lara Méndez, participará en Cervo na II Festa do Marisco onde se repartirán nécoras, percebes, berberechos, cigalas e mexillóns. Veciños e centos de turistas que estes días visitan a costa de Lugo poderán degustar este menú a un prezo competitivo de 20 euros.

A promoción dos produtos autóctonos é precisamente, unha das liñas de actuación de Lug02. É o programa medioambiental cuxa segunda parte, dotada de 6,5 millóns de euros, se porá en marcha nas vindeiras semanas logo de que a Deputación lograse ata 25 millóns da Unión Europea, converténdose na 5º administración local en España que máis fondos recibe debido ás características e obxectivos das iniciativas presentadas. Deste xeito, a institución incrementará tanto os 150 produtos autóctonos coa marca Lugo Sabe como os puntos de venda dos mesmos.

Pola súa banda, o Deputado provincial tamén da Mariña, José Ramón Val Alonso, participará na I Festa Normada de Foz que, coa axuda da Deputación, pon en marcha a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos desta localidade. A vila mariñana volta á Idade Media e revive o frente que os focense fixeron no século XII ás tropas normadas cando estas tentaron invadir Foz entrando pola súa ría. As máis de 25.000 persoas que residen en Foz durante a época estival, poderán despedir a última fin de semana do verán cunha celebración que combina a historia coa actividade comercial e hostaleira.

Estes profesións, provedores de Km0.Deputación de Lugo, ambientarán os seus establecementos no medievo e ata empregarán “cartos de bellón” que poderán adquirir os participantes para mergullarse na actividade comercial e hostaleira.

Exit mobile version