Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación inviste 73 mil euros en renovar o axardinamento da travesía de Burela

Nota de prensa

BURELA RENOVA, EN COLABORACIÓN COA DEPUTACIÓN DE LUGO, O AXARDINAMENTO DA AVENIDA ARCADIO PARDIÑAS. OS TRABALLOS SUPORÁN UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 73.000 EUROS.

O alcalde e dous concelleiros visitaron as obras na travesía de Burela

Burela, 1 de agosto de 2011. O Concello de Burela comezou as obras de renovación do axardinamento da Avenida Arcadio Pardiñas, obras que están sufragadas na súa totalidade pola Deputación Provincial de Lugo, dentro do Plano Extraordinario de Obras.

O alcalde burelés, acompañado dos concelleiros de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, e de Obras, Manuel Fernández Valle, revisou hoxe pola mañá o inicio das obras, xunto co responsable da empresa Entorno Ambiental, adxudicataria dos traballos, que conta cun presuposto de 73.500 euros.

Segundo explicou o rexedor, “a través desta obra, vanse renovar as árbores das zonas axardinadas, e tamén acondicionalas de forma que o mantemento das mesmas sexa máis económico”. González Barcia dixo que “se están a retirar as especies que deben ser substituídas, pero se están a replantar noutras zonas de Burela e nesa avenida imos colocar outras prantas máis resistentes e máis atractivas”.

Esta obra ten un prazo de execución de dous meses. No seu día foi adxudicada pola propia Deputación Provincial, pero a obra non puido retomarse por diversas cuestións hasta hai aproximadamente un mes.

Exit mobile version