Nota de prensa
A FEGAMT-CIG denuncia o recorte de cinco ambulancias do 061 en Baíona, Ponteares, Marín, Vigo e A Mariña
A FEGAMT-CIG vén de denunciar o recorte de cinco ambulancias do 061, que son as que se
encargan de atender as urxencias, os accidentes, infartos… en toda Galiza. Recortes que
afectarán a Baiona, Ponteareas, Marín, Vigo e a Mariña lucense. Catro desas ambulancias son
asistenciais e unha, precisamente a de Vigo, é medicalizada.
Xabier Aboi, da FEGAMT-CIG denuncia que esta decisión é consecuencia dos recortes
anunciados pola Xunta de Galiza e plasmados no Decreto do transporte sanitario que xa fora
denunciado hai un ano, cando aínda estaba na fase de borrador. Uns recortes que, segundo
Aboi non teñen máis xustificación e que si terán “graves consecuencias” para a calidade e
cantidade dos servizos públicos prestados polas ambulancias no noso país.
Aboi advirte que, segundo a información á que tivo acceso a CIG, estes recortes son os
primeiros que se realizan pero están previstos máis para final de ano, tal e como foi
comunicado á patronal.
O representante da FEGAMT-CIG alerta tamén do que supon para Vigo, unha das cidades máis
poboadas de Galiza, eliminar unha ambulancia medicalizada -que entrara en funcionamento
hai apenas 6 meses- deixándoa só con 1 e 3 asistenciais. Fronte a isto, si na la que A Coruña,
cunha poboación semellante, manten as 2 ambulancias medicalizadas e 3 asistenciais.
Aboi asegura que estes recortes son “inxustificados” e que “é máis custoso para as arcas
públicas a ambulancia que se asigna a Sanxenxo durante o verán para atender aos turistas que
manter durante todo o ano as demais”.
Previsións do Decreto
O decreto de transporte sanitario prevé, tal e como se denunciou cando foi presentado como
borrador, a eliminación da presenza do/a técnico-axudante ñas ambulancias medicalizadas, a
creación de ambulancias sanitarias, a supresión do uso unlversalizado destes vehículos e a
eliminación da obrigatoriedade de pago, por parte do Sergas, o que, segundo se advertía, abre
a porta ao sistema do copago.
Este decreto responde, segundo a FEGAMT-CIG, á política de desmantelamento dos servizos
públicos que está a levar o gobernó do PP adiante, sob pretexto da erke.
Diante desta situación, a CIG convocará para o vindeiro mércores unha xuntanza eos seus
delegados/as para avaliar a situación e as consecuencias que terán, tanto esta decisión, como
o anuncio de próximos recortes e contactará co resto de organizacións sindicáis para iniciar
mobilizacións. “Non vale negociar porque o recorte xa está en marcha”, sentenza Aboi.
Gabinete de Comunicación
Confederación Intersindical Galega