Site icon Crónica3.com A Mariña

A festa normanda de Foz

A FESTA NORMANDA DE FOZ

Ese fin de semana celebrouse en Foz a 1ª festa Normanda. Nela recordase o milagre que a tradición popular atribúe a San Gonzalo, o bispo Santo, según o cal logrou afundir varias naves normandas.

Quero felicitar os organizadores e colaboradores de esta festa. O meu modo de entender foi un éxito e superou con creces o que se podería esperar. Todo o mundo tiña dubidas da participación cidadá e como sería recibida unha festa que nunca antes se había feito.

Hai que felicitar a Suso do Bahía por o seu agradable e brillante pregón, así como a Piñeiro que ofertou unha, para min, excelente escenificación do feito histórico celebrado. Ambos actos no excepcional marco do Bispo Santo.

Xa o sábado na zona de Tupide tivo lugar o desembarco vikingo co participación de moitas persoas ataviadas con traxes de época. A representación resultou bastante lucida para ser a primeira vez que se facía, e o numeroso publico participante salio bastante satisfeito nun día de sol marabilloso.

Unha vez rematado o desembarco as pandillas de amigos ataviados con traxes de época crearon nas rúas e nos locais comerciais de Foz un ambiente moi agradable.

Noraboa a tódolos organizadores e participantes.

Penso que a festa debe de ir para diante. O feito histórico está ahí e a boa acollida dos veciños tamén.

En todo caso está primeira festa debe de servir de experiencia para mellorala en futuros anos. A min, dende os meus escasos coñecementos nestes temas, ocórrenseme, no animo de mellorala, unha serie de consellos:

* Mellorar a megafonía que se empregou no Bispo Santo. Foi unha pena que non se escoitase mellor.
* Cambiar a ubicación do público. O público estabamos colocados entre os dous lugares de excenificación e isto pode ser mellorado.
* Tamén sería interesante alargar durante o día as actividades co animo de que a festa dure mais horas. Podería celebrase por a tarde un concerto, ou actuacións musicais, de grupos de música galega. Tamén se podería facer un baile na zona do porto. Tamén poderían facerse torneos deportivos organizados. En fin alargar as actividades ata a noite.
* A Acia tamén debería estudar a posibilidade de ofertar algún lugar onde dar comidas as pandillas. Poderian ofertar unha especie de menú Normando nos locais comerciais do pobo, ou si isto non e posible ofertar algunha pulperia na zona do Porto.

En fin, que noraboa a todos e a traballar para mellorala.

O Fareiro de Foz

Exit mobile version