A peña barcelonista San Miguel está a organizar unha viaxe a Barcelona para o mes de decembro, días 3, 4 e 5. A peña está xa a traballar, especialmente debido ó sistema de prezos de billete de avión, xa que cada día que pasa os prezos increméntanse. A día de hoxe hai 20 persoas apuntadas para esta viaxe, na que ademáis de asistir ó partido de fútbol, FC Barcelona – Levante, faranse visitas polas instalacións do Barça e pola cidade condal. Os interesados en recibir máis información, pódense dirixir ó teléfono 649 57 13 60. O luns pecharase o primeiro paquete de viaxe, polo que a peña anima ós interesados a apuntarse o antes posible pois máis adiante non se pode garantizar a viaxe no mesmo avión nin o mesmo prezo.