Site icon Crónica3.com A Mariña

A SD Burela abre o prazo de inscrición para as categorías inferiores da próxima tempada

Nota de prensa:
A SD Burela abre o seu prazo de inscrición, para as súas categorías
inferiores, para a temporada 2011-2012 a partir do día de hoxe.

A inscrición farase nos equipos de xuvenís, cadetes, infantís, alevíns,
benxamíns prebenxamíns e miniprebenxamíns, isto é nenos nacidos dende o
ano 1993 ate o 2007.

Todos aqueles que estean interesados en xogar no club poden chamar ao
teléfono 663770037 ou enviar un correo a sdburela@sdburela.es para
poder formar parte dos equipos.

Tamén encontrarán información na páxina web www.sdburela.es e nas
redes sociais da entidade.

Exit mobile version