A organización www.facebook.com/Fazouro anuncia a creación dunha páxina web (www.fazouro.com) a través da cal se organizarán actividades destinadas aos veciños de Fazouro e a todo aquel (sexa ou non desta parroquia) que desexe participar nelas. Así mesmo, comunicamos a organización da I Ruta-Xantar do Río Ouro para o domingo 4 de setembro de 2011, con saída ás 11:30 desde a Praia da Pampillosa. Para máis información, visiten a web www.fazouro.com ou envíen un mail a fazouro@fazouro.com.