Site icon Crónica3.com A Mariña

Administracións galegas copian á Deputación de Lugo financiando hortos ecolóxicos

Nota de prensa:
Administracións galegas copian á Deputación de Lugo financiando hortos ecolóxicos

– A institución lucense puxo en marcha esta iniciativa hai 5 anos, sendo pioneira en Galicia e converténdose nunha das 1º administracións que o facía xunto ás de Madrid e Barcelona

– Mediante a cesión dos terreos e unha subvención trimestral de 38.000 euros, a Deputación logra que as 300 persoas que traballan nos 270 hortos teñan ata 50 produtos diferentes

– Dita axuda económica que a institución concede á Federación de Veciños de Lugo, adxudicataria do proxecto, permite a compra de sementes, a contratación de monitores, a organización de cursos ou festexos gastronómicos e ata a mellora das instalacións

Administracións galegas están a copiar a iniciativa da Deputación de financiar hortos ecolóxicos co obxectivo de potenciar as zonas verdes e impulsar os produtos autóctonos. Dende que o organismo provincial puxo en marcha esta iniciativa na capital lucense hai 5 anos, sendo pioneiro en Galicia e converténdose nunha das primeiras administracións en España que o facía xunto á outras de Madrid e Barcelona, Concellos como o de Santiago e Ourense tamén se sumaron a este proxecto, mentres que a Deputación de A Coruña se amosou interesada.

O éxito desta medida en Lugo cuantifícase nas máis de 300 persoas que están a traballar nos 270 hortos do Río Rato e a Ponte Paradai, ou nos 50 veciños que esperan o seu espazo. Hoxe mesmo, a Federación de Veciños de Lugo deu conta da boa acollida desta iniciativa e dos seus bos resultados.

Mediante a cesión destes terreos e a subvención trimestral de 38.000 euros que recibe este colectivo -adxudicatario do proxecto- por parte da Deputación, nos hortos ecolóxicos lucenses hai ata 50 produtos: pementos de todas as variedades (dende o de Mougán ata o de Padrón), leitugas, tomates, allos, cebolas, guisantes, coles, patacas, acelgas, espinacas, calabacíns, fresas, diferentes prantas medicioñais e ata alimentos de fóra das fronteiras que prantas veciños chegados de Venezula, Ecuador ou Cuba, entre outros.

A axuda económica da institución provincial non só se adica á compra de sementes, senón que tamén se inviste na contratación de monitores que prestan asesoramento e axuda ós “agricultores”, na organización de cursos de formación en colaboración coa Universidade ou na mellora das instalacións. Deste xeito, a Federación de Veciños lucenses ten habilitado unhas casetas de madeiras, empregadas de lugares de descanso.

Como exemplo da múltiple actividade dos beneficiados destes hortos ecolóxicos, no outono organizan ó Magosto e a degustación de setas, en marzo unha camiñata polo Rato e, proximamente, en setembro, celebrarán a Festa da Flor na que, coma todos os anos, estará o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, para degustar produtos das hortas lucenses, acompañado por ducias de veciños que cada año se suman ó festexo.

Exit mobile version