Site icon Crónica3.com A Mariña

Apreval participou na inauguración dunha nova hípica situada en Baion Vilanova de Arousa

Nota de prensa
O pasado sábado día 30 de xullo os xinetes de APREVAL desprazáronse a inauguración da nova Hípica de Baion situada en Baion Vilanova de Arousa. Unha iniciativa que nace baixo a dirección técnica de Hípica Amazonas e a Asociación Equina de Galicia (AEGA), con dous profesionais o fronte, Cesar Santos e Xacobo Pérez.

Entre todas as actuacións de Carrusel Infantil de Xinetes, Doma de alta escola, Fantasías Ecuestres, encontrase a actuación de APREVAL, cunha “Exhibición de Cabalos Trotóns en Andadura” baixo as ordes de Xacobo Pérez e Joaquín González (vocal da Federación Hípica Galega).

Por outra parte Alejandro Rouco (Presidente de APREVAL), quere dar as grazas a dirección deste centro por contar coa nosa colaboración para este centro, recalca que se esta a reflexar o traballo e esforzo desta entidade na que esta ser un referente a nivel galego na Modalidade da Andadura, estamos no camiño para conseguir os obxectivos plantexados.

Exit mobile version