Site icon Crónica3.com A Mariña

Avelino González e Lucía Regueiro impartirán cursos de interpretación en Lugo e Burela

Nota de prensa:
LUGO E BURELA SERÁN OS ESCENARIOS DONDE AVELINO GONZÁLEZ E LUCÍA REGUEIRO IMPARTIRÁN OS CURSOS DE COMEDIA DA ARTE E INTERPRETACIÓN

Aínda quedan prazas dispoñibles, e os actores e actrices que desexen participar poden anotarse chamando ao 982260141 en horario de oficina

Avelino González, “Miñato” na serie “Padre Casares”, impartirá o curso de Comedia da Arte no Museo de Lugo e Lucía Regueiro, habitual das montaxes de Teatro do Atlántico, o de Interpretación en Burela

LUGO, 25 de agosto de 2011. O vindeiro mes de setembro terán lugar dous novos cursos do proxecto teatral Buxiganga, posto en marcha pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, para os cales aínda quedan prazas dispoñibles para os actores e actrices que desexen participar. Poden anotarse chamando ao teléfono 982260141, en horario de oficina.

En Burela, Lucía Regueiro impartirá o curso de Interpretación, e terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura desta localidade no horario de 10.00 a 15.00 horas os sábados dese mes (comezando o día 3). Os cursos de Buxiganga están a ter moi boa acollida polas persoas vinculadas ao teatro da Mariña, a xulgar pola alta participación nos mesmos. Hai que destacar que Lucía Regueiro é unha actriz de gran prestixio dentro do audiovisual galego, ademais de participar habitualmente nas montaxes de Teatro do Atlántico, unha compañía histórica dentro do circuíto galego.

Por outra parte, o curso de Comedia da Arte terá lugar tamén no mes de setembro, pero no Museo Provincial de Lugo, en horario de 9.00 horas a 14.00 horas os sábados de dito mes. A comedia do arte é unha ferramenta imprescindible para o actor, imprescindible no teatro contemporáneo. Aqueles que se queiran introducir nesta disciplina contarán cun dos maiores especialistas nacionais a súa disposición dentro das accións formativas Buxiganga: Avelino González, máis coñecido polo seu papel de “Miñato” na serie “Padre Casares”.

Exit mobile version