Site icon Crónica3.com A Mariña

Carreira popular dende a Praza do Concello e praia de A Marosa en Burela

Nota de prensa

O VINDEIRO DOMINGO ÁS 12 DA MAÑÁ CELÉBRASE A CARREIRA POPULAR 2011, QUE ORGANIZA A DELEGACIÓN DE DEPORTES QUE DIRIXE BEATRIZ PIÑEIRO.

Burela, 3 de agosto de 2011. O vindeiro domingo 7 de agosto ás 12 da mañá terá lugar a Carreira Popular 2011, que organiza a Delegación de Deportes do Concello de Burela.

A saída terá lugar desde a praza do Concello e a chegada será na praia de A Marosa. O percorrido polas rúas de Burela será máis longo para os senior feminino e masculino e máis curto para os sub-14. Os interesados en obter máis información poden dirixirse á Delegación de Deportes que dirixe a edil Beatriz Piñeiro.

A concelleira popular explicou que “haberá trofeos para os 1º, 2º e 3º clasificado e tamén para o/a participante máis xove e para o/a máis veterano/a. As inscricións poderán realizarse ata media hora antes no punto de saída”.

Exit mobile version