Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza o Torneo de Basket 3×3 Urbano “Vila de Foz”

A/a medios de comunicación

Mañá venres día 19, a partir das 16:00h. o Concello de Foz vai dar comezo coa primeira edición do Torneo de Basket 3×3 Urbano “Vila de Foz 2011” e que se dividirá nun total de tres categorias, sub-12, sub-16 e Senior. Mañá venres será o turno dos máis novos con incrición gratuíta e trofeos e medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén levarán trofeo os gañadores dos concursos CANASTRA DENDE O MEDIO CAMPO e o TWO BALL.

O sábado 20 e Domingo 21, a partir das 11:00h., será o turno da Categoría Senior (maiores de 16 anos). Nesta categoría a inscrición será de 30€ por equipo que estarán formados por un máximo de 4 xogadores.

Os premios serán os seguintes:
→1º CLASIFICADO: 300€ + TROFEO
→2º CLASIFICADO: 200€ + TROFEO
→CONCURSO DE TRIPLAS: 100€ + TROFEO
→TWO BALL: 150€ + TROFEO

Destacar a presencia de equipos chegados dende distintas localidades da comarca da Mariña, así como, das cidades de Lugo e da Coruña.

Exit mobile version