Site icon Crónica3.com A Mariña

Convenios co Ministerio de Fomento e coa Deputación permiten que o Concello de Burela adecente camiños e estradas

BURELA ADECENTA A TRAVESÍA MUNICIPAL Á SÚA ENTRADA DESDE CERVO. TAMÉN SE ESTÁ  LIMPANDO O CAMIÑO DA VÍA E SE PROCEDERÁ  A DESBROZAR A ESTRADA DE RÚA.

Burela, 24 de agosto de 2011. O Concello de Burela está levando a cabo nestes días actuacións tendentes ao acondicionamento e desbroce de determinadas vías de comunicación no seu termo municipal.

O alcalde, José  María González Barcia, sinalou que “ se está procedendo ao desbroce da Travesía Municipal á súa entrada, procedendo de Cervo, para garantir a seguridade da circulación e do tránsito de peóns. Esta actuación realízase de forma periódica, desde que a principios de 2007 se procedera á ampliación da estrada en base a un convenio subscrito co Ministerio de Fomento”.

O rexedor engadiu que “ademais, nestes días tamén se están a realizar traballos de desbroce das estradas que son titularidade da Deputación de Lugo ao seu paso polo termo municipal de Burela, gracias a un convenio subscrito no seu día entre o Concello e o ente provincial”.

Finalmente, levouse a cabo a limpeza do Camiño da Vía, no tramo comprendido entre a Rúa do Cantiño e a praia do mesmo nome, actuación que foi solicitada pola Asociación de Veciños O Vencello.

Exit mobile version