Site icon Crónica3.com A Mariña

Cursos de informática en Barreiros

Cursos de informática que se viñeron celebrando en Barreiros desde o pasado 26 de xullo e ata o día 5 de agosto. Estiveron dirixidos a adultos por unha banda e a nenos e xóvenes de 7 a 11 anos pola outra. En total participaron 44 persoas, 22 adultos e 22 nenos, que asistiron a esta actividade no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Os adultos abordaron cuestións coma a fotografía dixital, os retoques fotográficos, power point, etc… e os nenos coñeceron aspectos sobre procesador de textos, xogos educativos, correo electrónico, etc… A concelleira Adela Rodríguez asegura que o curso foi un éxito. Os cursos de informática foron organizados pola Concellería de Cultura de Barreiros en colaboración coa Xunta de Galicia.

Exit mobile version