Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebra a IV Feira de antigüidades do 13 ao 15 de agosto

Nota de prensa:
O PAVILLÓN DOS INSTITUTOS ACOLLERÁ A CUARTA EDICIÓN DA FEIRA DE ANTIGÜIDADES DE BURELA DO 13 AO 15 DE AGOSTO. CASAS MARTÍNEZ ASEGURA QUE O EVENTO SERVIRÁ PARA DINAMIZAR OS SECTORES ECONÓMICOS DO CONCELLO.

Burela, 11 de agosto de 2011. O pavillón dos institutos acollerá a cuarta edición da feira de antigüidades de Burela os días 13, 14 e 15 de agosto.

O evento contará cunha veintena de expositores chegados desde Francia, León, Madrid, Zaragoza e diversos puntos de Galicia, segundo explicou o concelleiro de Comercio, José Casas Martínez. O edil popular sinalou que “a feira está destinada tanto a profesionais como ao público en xeral e nela poderán atopar un grande abanico de pezas singulares, antigas e de colección”.

Casas Martínez manifestou que “o obxectivo desta feira é contribuir a dinamizar sectores económicos de Burela como o hosteleiro ou o turístico, dado que son moitas as persoas desprazadas para participar nesta cita, que pernoctarán na nosa vila durante varios días e degustarán a nosa gastronomía. E tamén serán moitos os visitantes que se acheguen a Burela durante estas tres xornadas a disfrutar da feira de antigüidades”.

O horario de apertura do recinto feiral será de 11 a 14 horas, polas mañás, e de 17 a 22 horas, polas tardes.

Exit mobile version