Site icon Crónica3.com A Mariña

Encontro Irmandiño programou un “Encontro Aberto” en Mondoñdo para tratar sobre “A necesaria Refundación do BNG”

NOTA DE PRENSA

Temos o pracer de comunicarlles que o próximo martes 2 de
agosto ás 20.30h.no Salón de Actos da Casa da Xuventude
de Mondoñedo o Encontro Irmandiño, partido integrado no
BNG, celebrará un “Encontro Aberto” que co título “A
necesaria Refundación do BNG” contará coa presenza do
noso Portavoz Nacional Xosé Manuel Beiras.
Este tipo de “encontros” -abertos a militantes,
simpatizantes e persoas interesadas nos procesos de
debate do Bloque Nacionalista Galego cara á próxima 13ª
Asemblea Nacional do Outono-, convócanse polo Encontro
Irmandiño por toda Galiza para difundir as súas propostas
para a necesaria refundación do BNG para que este volva a
ser ese instrumento que Galiza precisa e “casa común” de
todos os nacionalistas.
Contaremos cunha comunicación inicial de Xosé Manuel
Beiras e a seguido un coloquio-debate entre as persoas
presentes.

Exit mobile version