Site icon Crónica3.com A Mariña

Escenificaran un simulacro de salvamento nas praias de As Catedrais e As Illas-Castros en Ribadeo

Nota de prensa

AS PRAIAS DE AS CATEDRAIS E AS ILLAS-CASTROS SERÁN MAÑÁ ESCENARIO DE SENDOS SIMULACROS DE SALVAMENTO E SEGURIDADE, SEGUNDO ANUNCIOU HOXE HORACIO CUPEIRO.

Ribadeo, 1 de agosto de 2011. As praias de As Catedrais e As Illas-Castros serán mañá escenario de sendos simulacros de salvamento e seguridade, segundo anunciaba esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Mariño, Horacio Cupeiro.

O edil nacionalista sinalou que “mañá, martes, día 2, ás doce do mediodía faremos un simulacro de salvamento, socorrismo e seguridade na praia das Catedrais e na de As Illas-Castros, como nos esixen as normas do Instituto para la Calidad Turística Española, para ver que a coordinación entre os diferentes actuantes responde de forma axeitada”.

Cupeiro contou que “participarán no simulacro unha ambulancia medicalizada da Rede de Transporte Sanitario Urxente, de Ribadeo, as forzas do corpo da Garda Civil, a Policía Municipal, os socorristas de cada praia e o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir). O simulacro consistirá en producir unha alerta a través do 061 e a continuación farase unha movilización da ambulancia para ver que o tempo real que emprega en chegar ao punto da praia onde está o problema é inferior a quince minutos. Todo isto farase despois de que os socorristas intentaran reanimar á víctima, que estará inconsciente sobre a area”.

O concelleiro de Medio Ambiente e Medio Mariño engadiu que “logo faremos un simulacro dun acto delictivo, posiblemente sexa un atraco, tanto nunha praia como na outra. Participarán neste simulacro a Policía Municipal, a Garda Civil e o Grumir”.

Exit mobile version