Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de Manuel Fernández “Fra” en Xove

Dende o 22 de xullo está aberta na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo  de Xove unha exposición de pintura do xovense Manuel Fernández “Frá”; presenta un total de 25 obras, na súa meirande parte óleos, e algunha acuarela de formatos medios e pequenos. Trátase de obra nova. Manuel Fernández “Fra” naceu en Lamaboa-Xove no ano 1.934; do seu pasado mariñeiro e tamén do seu entorno, recolle moitos dos motivos da súa obra, dahí que a súa pintura sen dúbida chegará a un amplo espectro de xente. A exposición vai estar aberta ata o 10 de agosto. O horario de visita é o mesmo da Oficina: De luns a domingo: de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Pechada os luns e martes pola mañá.

Exit mobile version