Site icon Crónica3.com A Mariña

Gaivota que voa libre

GAIVOTA QUE VOA LIBRE

Os cantos de Jimmy Bosch co seu jazz afrocubano poden ser aplicados a nosa querida vila, Foz. Agora que os novos inquilinos do concello voan libre porque tenen o poder.
Existe un gran paralelismo entre esta ave palmípeda e o entrante goberno, e non precisamente polo logotipo do partido político o que pertencen.
Certo é que as gaivotas deixan todo patas arriba (non me refiro os animais), e no pobo de Foz estase a comprobar. Palpase certa deixadez no entorno e o pobo vese afeado, e encochase máis ainda con absurdas declaracións do rexidor, o Sr Javier Castiñeiras botando balóns fora. Desvelanos as suas paranoias, acusando como un bo líder non faría os seus empleados de montar unha banda organizada coa finalidade de facerlle a cama.
E o que a un focego lle doe na alma, é que se defendan intereses partidistas que venen de Santiago e non se defenda a vila de Foz e os seus cidadáns.
Saltou a noticia que se plantexa suprimir o servizo de transporte sanitario da conselleira de Sanidade, pois a este bisoño mandatario agachar a orella é o que lle toca, porque non ten pasta de líder e non se enfrontara os seus xefes na Xunta, a diferenza doutros cargos do Partido Popular noutros concellos que non aceptan tales recortes en sanidade.
Pois a piques de rematar os “cen días de gracia”, esto estase a poñer curioso. Si ninguén lle quere mal as gaivotas…. ata que a cagan.

M. M. Fernández.

Exit mobile version