Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 27 mil persoas solicitaron información nas oficinas de turismo de Ribadeo no mes de agosto

Nota de prensa

MÁIS DE 27.000 PERSOAS SOLICITARON INFORMACIÓN NAS OFICINAS DE TURISMO DE RIBADEO EN AGOSTO. FERNANDO SUÁREZ CONVIDA ÁS OUTRAS ADMINISTRACIÓNS A TRABALLAR PARA E POR AS CATEDRAIS, UN AREAL QUE SE ESTÁ A CONVERTER NUN DESTINO INTERNACIONAL SINGULAR.

Ribadeo, 31 de agosto de 2011. Máis de 27.000 persoas solicitaron información nas oficinas de turismo de Ribadeo no mes de agosto, segundo os datos que daba a coñecer no día de hoxe o alcalde. Fernando Suárez convida ás outras administracións a traballar para e por As Catedrais, un areal que se está a converter nun destino internacional singular.

Suárez Barcia dixo que “estes datos correspondentes ao mes de agosto desde o punto de vista turístico convidan á esperanza, convidan á ilusión e a seguir traballando así de ben neste ámbito. O turismo estáse revelando como un sector moi importante a xulgar polos 27.559 visitantes que viñeron pedir información ben á oficina de turismo que temos no parque de San Francisco ou ben ao punto que temos na praia das Catedrais. Pola oficina ubicada nese areal pasaron 13.950 persoas e pola da vila 13.609. Éstas son cifras tremendamente positivas e escandalosas. Si a estes datos lles engadimos as 18.000 persoas que solicitaron información no mes de xullo temos que no verán as oficinas de turismo de Ribadeo atenderon a 45.636 visitantes”.

Os datos deste verán víronse incrementados con respecto aos de 2010, “si facemos unha comparativa co ano anterior, podemos ver un incremento de 7.467 visitantes durante o período estival, cifra moi positivas a pesares do aumento da crise. Logo si os que nos visitan gastan máis ou menos, iso xa é outra cousa, pero que veu máis xente neste verán é algo no que non cabe ningunha discusión”, sinalou o rexedor ribadense.

Fernando Suárez tamén se referiu ao perfil dos visitantes, “moitos madrileños, aumentan os cataláns e os vascos, asturianos de fin de semana e galegos forman este turismo de proximidade que estamos a recibir en Ribadeo. Polo que refire aos extranxeiros, son os alemáns os que lideran o ránking, seguidos dos franceses e xa a máis distancia ingleses, belgas, italianos e outras nacionalidades”. E engadiu que “no referente aos albergues durante este verán 808 persoas pernoctaron neles, 385 no albergue que o Xacobeo ten nas inmediacións do Cargadeiro e 423 no albergue municipal que temos en Vilela”.

Para o alcalde “todas estas cifras convidan a seguir traballando polo turismo de Ribadeo para continuar actuando non só na tempada alta senón tamén o resto do ano, convidan a unha reflexión tanto á Xunta como ao Ministerio, que se deixen de fogos de artificio e que entre todos traballemos por e para As Catedrais porque se está a configurar coma un destino internacional singular. Confío en que estes datos e este bó facer continúe nas tempadas medias non tan altas, pero que sen dúbida seguirán atraendo xente a Ribadeo”.

Exit mobile version