Matizacións sobre a EDAR focense
Pachi Vázquez foi conselleiro de Medio Ambiente de 2005 a 2009. Do 2005 ao 2006, ano no que comeza a funcionar a EDAR, anque isto de funcionar sexa un eufemismo, pois coma moitas depuradoras na Galiza, non funciona ou o fai moi mal. Boeno, o sr. Vázquez era conselleiro cando obviou a avaliación do
impacto medioambiental da instalación da EDAR- vaian as actas do concello, e lean as intervencións de Basanta sobre o tema, ou repasen as hemerotecas dos xornais deses anos- dándolle carta branca a Augas de Galiza, para facer unha das maiores chapuzas de Foz dos último anos.
Nestes anos foi cando puxeron a nave onde está a EDAR, colocaron os tubos para o emisario de 1500 m que levaría as augas depuradas a alta mar, que se poderían beber decía Rivera, porque era de última xeración, con raios láser, e que logo quitaron despois de gastar tempo e cartos en poñelos.
Expricaron que iban pola canle de navegación do porto, e logo, que enxeñeiros proxectaron iso e fixeron os cálculos ?
Hoxe pódese ver o desaugue no chamado ángulo, ao carón da explanada portuaria, onde se fai o mercado semanal, directamente a ría. Alí onde centos de múxeles “completan “ a depuración que a obsoleta EDAR non consigue, que produce unhos cheiros ben fortes. Recordan as festas dos. Lourenzo 2006, recen inaugurada, como a xente tapaba as fosas nasais e facía acenos de noxo por aquel cheirume? Aclaro que non houbo inauguración oficial ningunha, con descubremento de placa, nin ágape de ningun tipo, por
algo sería, non ? Non debían sentirse moi orgullosos de tal obra.
Dende o ano 1999 que comezaron os primeiros traballos e proxectos da EDAR, foron aumentando os despropósitos. Nos inicios iba unha EDAR para Foz-Barreiros, atravesando a ría coas augas fecais de Barreiros para a depuradora a instalar entre a Casa do Mar e Porto Chico, alí a debuxaron os técnicos. Despois de voltas e reviravoltas , rematou onde está actualmente, encaixada entre a piscina municipal e as chabolas dos mariñeiros, a 20-30 m das casas do casco urbano . Incumprindo a legalidade, coma ocorreu en Ourense, e que os tribunais lles acaba de dar a razón aos veciños, non hai moitos meses. Tiña que haber 2000 m e non 20 . Hai diferenza, non sí?
Unha vez máis a Administración incumprindo as leis que promove, o que dice moito do país e dos seus gobernantes.
Antón