Site icon Crónica3.com A Mariña

Mentide, malditos, mentide

MENTIDE, MALDITOS, MENTIDE

O asunto da mentira é unha temática que sempre me gustou e que estivo presente na miña vida desde sempre. Como todalas cousas, a mentira ten a súa antagonista natural, que todos coñecemos como “ A verdade”. En tanto que a verdade nunca é absoluta e inamovible, senón máis ben o contrario. De feito, tanto a verdade como a mentira son tan ambigüas que de cando en cando logramos destinguilas con total seguridade.
O tema que me trae hoxe aquí é o das confesións: as verdades que nós consideramos ocultas e que, por circunstancias determinadas, decidimos revelar. Todo parte do feito de que todos, si, repetireino, todos, temos segredos. Algunhas persoas teñen máis, outras menos, algúns máis importantes, outros máis irrelevantes, pero todos témos segrediños… ou non. Porque a verdade sexa dita, se se trata de segredos, por pura definición non podemos saber se existen ou, mellor aínda, o que son.

Os segredos son algo así como a fase larbaria dunha verdade que, co tempo, fica madurando e medrando ata converterse en algo maior e importante. A cuestión é… realmente unha confesión está ligada a unha verdade oculta, ou pode conter unha mentira implícita no seu corpo?

A verdade é que confesar só implica revelar algo que nós cremos certo, pero nada máis. Non entanto, cando alguén nos confesa un segredo, cando unha persoa murmura nunha rúa escura ou xura ante un xurado, o simple feito de ser confesado fai que sexa moito máis verdadeiro. E sexamos craros de unha vez, para a maioría de persoas unha confesión é suficiente para condenar ou absolver a outra.

Este fenómeno da confesión é realmente perigoso, porque pode ser utilizado para facer precisamente o contrario do que pretende: difundir mentiras.

Sempre que a mentira non sexa desproporcionada e esteña ben pensada, pode estenderse pola mente doutra persoa como unha verdade irrefutable. E é que nos encanta escoitar os segredos dos demais, de feito gústanos tanto que nolos cremos sen máis.

Todo isto, que en realidade non é máis que unha das miñas artimañas para mentir ás persoas, pode servirnos para evitar ser confundidos polas confesións alleas. Ademais, como digo, se queremos dicir unha mentira ben dita, só necesitamos facer que a outra persoa desexe pescudala, que a persoa estea realmente interesada en que confeses unha verdade, unha verdade que será terxiversada a bó seguro..

Nunca me fiei das confesións; primeiro, porque a maioría das persoas non admiten os seus erros e moito menos os importantes, e segundo, porque baixo coacción todos poderiamos confesar calquera cousa. Así que non é nada evidente que unha confesión, que un segredo, sexa realmente unha verdade. Pero non, se contamos un segredo, a xente creo polo propio morbo que rodea a situación. E é que un segredo non é máis que unha información oculta, que pode chegar a ser verdadeira ou falsa, pero que baixo a súa condición de segredo só é… un misterio tan mentireiro como o da “Santisima trinidade”.

Otero Regal

Exit mobile version