Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela anuncia que o emisario esta funcionando na súa totaidade

Nota de prensa

GONZÁLEZ BARCIA ANUNCIA QUE O EMISARIO “ESTÁ EN FUNCIONAMENTO NA SÚA TOTALIDADE”. O CUSTE DAS OBRAS REALIZADAS ASCENDEU A 30.000 EUROS.

Burela, 4 de agosto de 2011. O alcalde, José Mª González Barcia, anunciu este mediodía que o emisario “está en funcionamento na súa totalidade”. O custe das obras realizadas ascendeu a 30.000 euros. O goberno municipal alerta do risco dunha posible perda da bandeira azul de Portelo para o vindeiro ano.

O equipo de goberno do Concello de Burela compareceu hoxe en rolda de prensa para anunciar que o emisario está en funcionamento na súa totalidade, logo de que entre os días 22 e 24 do mes pasado se procedese a desenterrar o emisario da area que o recubría no seu último tramo, e se procedese a levar a cabo as actuacións pertinentes para corrixir a situación que se estaba a dar.

O alcalde de Burela fixo un resumo das actuacións levadas a cabo, logo de que efectivamente se verificara que a información publicada por algún medio informativo era certa, é dicir, que o emisario se atopaba deteriorado nun punto moi próximo á escollera. “Un equipo de mergulladores fixo unha inmersión o 25 de xuño e comprobou a existencia dunha brida absolutamente solta, xa que só había un tornillo e os demais desapareceran. Inmediatamente, nunha reunión do equipo de goberno, técnico municipal de obras e representantes de Espina y Delfín e da empresa de mergulladores profesionais que levou a cabo as obras, adoptouse o acordo de arranxar a brida repoñendo a tornillería como solución inmediata, aínda sospeitando que o emisario podería estar obstruído no seu remate. Optouse por esta solución porque, de funcionar, permitíanos solucionar o problema máis grave de inmediato”.

Esa actuación, indicou Barcia, fíxose o seis de xullo, e sempre atendendo ás condicións meteorolóxicas, porque a seguridade do equipo de mergulladores debe primar sobre outra circunstancia, “pero unha solución que era sinxela desde o punto de vista técnico acarreou un problema maior, xa que a estación depuradora de augas residuais (EDAR) non arrancaba, ou facíao funcionando a un trinta por cento da súa capacidade, o que poñía en perigo a propia instalación”.

O rexedor seguiu a relatar que “ante tal circunstancia, e logo dunha nova reunión do equipo de goberno cos técnicos correspondentes, decidiuse facer unha nova revisión para localizar o emisario na súa totalidade, revisión que se levou a cabo o nove de xullo. Efectivamente, constátase que unha gran parte do emisario está baixo a area, pero sobre de todo no seu último tramo, polo que é imposible o desaugue que se tería producido en condicións normais. O dezaseis de xullo procedeuse a desenterrar unha nova brida a uns cento vinte cinco metros da escollera, para que se leve a cabo o aliviado do emisario nesa zona, a máis alonxada da escollera posible, en tanto en canto non se leve a cabo a reparación definitiva”.

González Barcia lembrou na súa comparecencia que “durante todas estas semanas as condicións do mar non foron precisamente as mellores para que os mergulladores levaran a cabo o seu traballo, polo que hasta o día vinte dous non se puideron retomar os traballos, consistentes neste caso en desenterrar a tubería que estaba cuberta, nos últimos quince/vinte metros, por unha capa de area que oscilaba entre os trinta e os sesenta centímetros de espesor. Os traballos continuaron nos dous días seguintes, vinte tres e vinte catro de xullo, para colocar unha nova brida na boca de saída do emisario xunto cunha tapa, cunha sección de tubo menor para minimizar a entrada de material dentro do propio emisario que puidera causar o taponamento. Pero para aliviar a presión que puidera exercer, ocasionada por esta redución do diámetro da boca de saída, nos últimos oito metros do emisario realizáronse quince perforacións na parte superior do tubo”.

O alcalde de Burela engadiu que “logo de rematados os traballos, verificouse que a EDAR entraba de novo en servizo ó cento por cento e que o emisario desauga na zona de saída correspondente, é dicir, ó final do mesmo. Polo tanto o emisario está totalmente de novo en servizo, e confiemos que tarde tempo en dar máis problemas. De todos os xeitos, a partires de agora levaranse a cabo inspeccións periódicas por mergulladores profesionais, alomenos unha vez por ano, para verificar que o emisario está en condicións e non nos causa máis problemas”.

Bandeira azul

Ademais, González Barcia indicou que “boa parte das analíticas da auga da praia de Penoural levadas a cabo no verán de 2010 detectaron mala calidade da auga, especialmente nos meses de xullo, agosto e setembro. Logo de rematado setembro, non se realizan máis analíticas da auga, pero en catro realizadas no presente ano volveu a dar unha mala calidade da auga nesta praia, pero o peor é que esa mala calidade da auga tamén se deu o ano pasado no areal de Portelo, que conta co distintivo bandeira azul e ISO, concretamente a analítica do nove de agosto, e podería repetirse este ano, polo que puidera ocorrer que esta praia perdese a bandeira azul para o ano próximo, para 2012”.

Barcia indicou que “o actual equipo de goberno soamente tivo e ten a responsabilidade de solucionar un problema que entendemos que é grave, que non foi ocasionado, evidentemente, pola nosa actuación ou posibles inacción e desidia, así como de dar as explicacións pertinentes ós cidadáns de Burela, xa que, ademais de ter dereito a coñecer qué actuacións se efectuaron nunha infraestrutura básica para o saneamento do concello, teñen que saber que tales traballos tiveron un custe de trinta mil euros. Cremos que actuamos con celeridade, como non podía ser de outro xeito, en todo momento co asesoramento dos técnicos, tanto do propio Concello, como de Espina y Delfín e tamén da empresa que levou a cabo os traballos. Esa celeridade permitiu rebaixar considerablemente un presuposto inicial que se acercaba os cento vinte mil euros, custe que se tería producido de demorar a adopción das solucións inmediatas que se levaron a cabo”.

Exit mobile version