Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela e o presidente de Portos de Galicia analizaron diversas necesidades portuarias

Nota de prensa

GONZÁLEZ BARCIA TILDOU DE SATISFACTORIA E POSITIVA A VISITA CURSADA A BURELA POLO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA. O REXEDOR CONSIDERA QUE VEN RECOÑECER A IMPORTANCIA DO PRIMEIRO PORTO DA PROVINCIA DE LUGO.

analizou a posible prolongación do martelo que separa a zona comercial da pesqueira no peirao

Burela, 22 de agosto de 2011. O alcalde, José Mª González Barcia, tildou de satisfactoria e positiva a visita cursada esta mañá a Burela polo novo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida.

Barcia sinalou que “é un detalle que se achegase a Burela o presidente de Portos de Galicia. A visita ven recoñecer a importancia dun porto que factura 65 millóns de euros anuais, o que o coloca no primeiro posto da provincia de Lugo”. O rexedor burelés explicou que “a pesares de ser unha primeira toma de contacto profundizóuse un pouco máis no estudio de reordenación da dársena interior do porto e tamén se analizou a posible prolongación do martelo que separa a zona comercial da pesqueira no peirao”.

Durán Hermida visitou as instalacións de ABSA, a confraría de pescadores e tamén A Moncloa, o lugar de reunión dos xubilados do mar.

O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “a partires de agora se celebrarán reunións con carácter máis específico para ver con máis detalle todos os temas pendentes. Traballaremos en conxunto Xunta, sector e Concello para que todos vaian saindo adiante”.

Ademáis do alcalde, acompañaron a José Juan Durán Hermida na súa visita a Burela, a concelleira do Mar, Patricia López Eijo, e o parlamentario autonómico mariñán José Manuel Balseiro.

Exit mobile version