Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela valora positivamente a reunión da Xunta Local de Seguridade

Nota de prensa:
GONZÁLEZ BARCIA FIXO UNHA VALORACIÓN MOI POSITIVA DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE CELEBRADA ESTE MEDIODÍA E ANUNCIOU UNHA REUNIÓN DA COMISÓN TÉCNICA PARA PLANIFICAR O TRABALLO CONXUNTO QUE DESENVOLVERÁN AO LONGO DOS VINDEIROS MESES A GARDA CIVIL E A POLICÍA LOCAL.

Burela, 18 de agosto de 2011. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, fixo unha valoración moi positiva da xunta local de seguridade celebrada este mediodía. E asegurou que haberá unha aposta decidida pola colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local.

O rexedor explicou que “hoxe celebramos aquí no concello unha xunta local de seguridade copresidida polo subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, e eu mesmo, coa asistencia dos mandos das forzas e corpos de seguridade, incluída a propia Policía Local”.

González Barcia fixo unha valoración moi positiva de reunión mantida hoxe, “porque significou unha aposta pola colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a propia Policía Local. Ademais eu dixen claramente que hai vontade política por parte da Alcaldía de que esa colaboración e ese espíritu de axuda ao cidadán e de defensa da legalidade vixente se concrete máis e se visualice máis”. O alcalde anunciou que “dentro dun mes aproximadamente vai ter lugar unha reunión dunha comisión técnica para planificar o traballo conxunto que vai facer a Policía Local e a Garda Civil en concreto aquí, en Burela, durante os meses de inverno. Posteriormente, é moi probable que antes do Nadal, se celebre outra xuntanza para planificar o operativo que se debe poñer en práctica durante as festas do Nadal e planificar tamén o operativo restante, dos meses seguintes, ata prácticamente as festas de Burela”.

Barcia subliñou que “esto retoma unha liña de actuación que xa tiñamos nós na nosa etapa anterior no goberno municipal”. E engadiu que “tanto por un lado como polo outro hai un espíritu decidido de aumentar a colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil e eu espero e confío, e nese sentido desde a Alcaldía imos poñer toda a carne no asador, en que eso se traduza nunha percepción real por parte por parte do cidadán de que hai máis seguridade, de que se traballa máis e mellor para velar pola seguridade do conxunto das veciñas e veciños de Burela”.

Exit mobile version