Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo convida a veciños e visitantes a gozar da VI Festa da Carne ao Caldeiro de Remourelle

Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ E ANA MARTÍNEZ CONVIDAN A VECIÑOS E VISITANTES A DISFRUTAR DA VI FESTA DA CARNE AO CALDEIRO QUE MAÑÁ SE CELEBRARÁ EN REMOURELLE.

Ribadeo, 19 de agosto de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez, convidan a veciños e visitantes a acudir á sexta festa da carne ao caldeiro que se celebrará mañá, 20 de agosto, en Remourelle.

Desde o equipo de goberno subliñan que “o Concello leva un tempo potenciando produtos coma o percebe de Rinlo ou a carne ao caldeiro de Remourelle, dúas citas gastronómicas moi importantes nos veráns de Ribadeo”.

A festa da carne ao caldeiro de Remourelle iniciaráse á unha do mediodía, hora á que se servirán os 350 kilos de tenreira autóctona cociñados para a ocasión. O evento está organizado pola asociación de veciños de Remourelle en colaboración co Concello de Ribadeo e a Área de Cultura da Deputación de Lugo. En Remourelle haberá amenización musical para o xantar e a media tarde actuará o grupo folclórico Arco da Vella de San Miguel de Reinante.

Exit mobile version