Site icon Crónica3.com A Mariña

O atleta olímpico David Cal foi recibido hoxe no Concello polo alcalde de Cervo

Nota de prensa

O atleta olímpico David Cal foi recibido hoxe no Concello polo alcalde de Cervo,
Alfonso Villares, e polos concelleiros José Ramón Soto (Deportes), Yolanda
Pedreira (Educación), Pilar Alvarez (Xuventude e Igualdade) e Begoña Alonso
(Medio Ambiente).

Durante a recepción, o palísta galego tivo a oportunidade de departir cos
integrantes do equipo de Goberno local uns minutos e foi agasallado cun pequeno
recordo do seu paso polo municipio. O cuádruple medallista olímpico remata a súa
estadía de preparación no encoro de Río Cobo de cara ao próximo Campeonato do
Mundo, que terá lugar entre o 17 e o 20 de agosto na cidade húngara de Szeged,
rodeado de boas sensacións e coa mente posta na súa gran meta para o 2011:
conseguir a clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012

Exit mobile version