Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro organiza un acto público sobre a vixencia do pensamento de Alexandre Bóveda

Nota de prensa

O BNG DE VIVEIRO PROGRAMA UNHA CONFERENCIA SOBRE O PENSAMENTO DE A. BÓVEDA

O Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro organiza un acto público sobre a vixencia do pensamento de Alexandre Bóveda. Este acto desenvolveráse no Conservatorio de Música de Viveiro o vindeiro xoves día 18 de agosto ás 20:30 horas.

O profesor e historiador Xoán Carlos Garrido Couceiro intervirá para falar sobre a figura e a obra de Alexandre Bóveda coincidindo cos actos que arredor do Día de Galiza Martir se están a celebrar na nosa nación.

Viveiro 11 de agosto de 2011.

Xoán Carlos Garrido Couceiro (A Estrada, 1965). É Profesor de Filosofía e membro da Fundación Bautista Álvarez na que é Director do “Terra e Tempo”. Autor de “O pensamento de Castelao” e “M. García Barros, loitando sempre”. Traballa na recuperación da memoria histórica na Estrada. En 2009 publicou o volume Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro

Exit mobile version