Nota de prensa:
Veiga pídelle a Balseiro que deixe de tapar as mentiras de Feijoo e defenda os intereses da Comarca en materia sanitaria.
Os nacionalistas replican que é o PP quen desmantela as áreas sanitarias ás agachadas e só faltaba que o BNG tivera que estar calado.
Si o Decreto de Xestión integrada do PP é tan bó porqué os aplican ás agachadas?
A Mariña, 11 de agosto de 2011. Antonio Veiga Outeiro saiu ao paso das declaracións do parlamentario, José Manuel Balseiro, en relacións á situación da sanidade pública mariñá. O Responsábel Comarcal nacionalista pídelle a Balseiro “que non trate de tapar as mentiras do goberno de Feijoo e materia sanitaria”, “diciamos que o programa oculto do PP levaba incluído o desmantelamento de áreas sanitarias e así esta sendo”. o que non agardábamos é que o fixeran ás agachadas, en pleno mes de agosto e cando persoal sanitario e poboación en xeral está de vacacións coa finalidade de evitar calquera resposta social. O nacionalista insiste que unha vez desmanteladas as áreas sanitarias do Salnés e O Barco, “outras serán as seguintes” e o BNG non estará calado como pretende Balseiro e apoiará calquera iniciativa social e institucional que evite a perda de funcións, xestión e calidade asistencial na Area Sanitaria mariñá.
Acertábamos aqueles que previamos o “programa oculto do PP” para despois das eleccións municpais
Antonio Veiga demandou ao PP “transparencia e publicidade tamén para as malas noticias” en relación á aplicación do Decreto de Xestión Integrada xa publicados sobre a Areas Sanitarias do Salnés e O Barco. “Os que afirmábamos que o PP agardaría o paso das eleccións municipais para aplicar o seu programa oculto acertamos e xa se está comprobando no Barco e no Salnés”. Si A Mariña xa esta perdendo servizos e calidade asistencial, coa aplicación na área sanitaria do Decreto de Xestión Integrada iremos a peor”, afirmou o responsábel nacionalista.
No Hospital da Costa xa prescinden da visita facultativa despois de probas e receita por carta.
Veiga pediu a Balseiro que “deixe os fogos de artificio”, o Hospital da Costa segue encabezando as listas de espera do sistema galego de saúde, as mariñás seguen con esperas de un ano para a resolución de citoloxías e faise imposíbel tapar a evidencia das cifras de pacientes e servizos derivados fora da comarca, “aquí non hai nada de que presumir”, remachou Veiga. O nacionalista denunciou que o SERGAS recorta persoal e calidade asistencial, “agora xa prescinden da visita ao facultativo posterior á realización de probas, receitan por carta”, puxo como exemplo.
A sociedade mariñá debe estar alerta, despois da aplicación do Decreto na Coruña, Ourense e Pontevedra os seguintes somos nos.
O nacionalista anunciou que o BNG, “nin vai estar calado nin parado”, apoiaremos aquelas iniciativas sociais e institucionais que permitan manter e mellorar o Sistema Público de Saúde na comarca, limitar a capacidade de xestión e organización na área sanitaria tal como se establece no modelo de xestión integrada do PP, supón dar pasos atrais que os mariñaos e mariñás, non debemos permitir. Neste sentido insistiu en pedir á sociedade mariñá que non baixe a alerta, Despois das integracións das áreas sanitarias de Verín-O Barco en Ourense e a do Salnés en Pontevedra, as seguintes son as Monforte e A Mariña.