Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS presentou o corpo médico que coidará os equipos sénior e as diferentes categorías de base en 2011-12

Nota de prensa

BURELA FS PRESENTA O CORPO MÉDICO DA NOVA TEMPADA

O Burela FS presentou hoxe o corpo médico que coidará os equipos sénior así como as diferentes categorías de base en 2011-12. Xunto ao directivo do club Antonio Ródenas, os adestradores Javier Pardeiro e Quique García e o responsable da preparación física da entidade, Alfonso Mera, estiveron os facultativos Francisco Javier Couce, Juan Eiroa e Miguel Murias.

Un ano máis o médico Francisco Javier Couce será o encargado de supervisar e controlar a saúde dos xogadores e xogadoras laranxas. A clínica L2 Fisioterapia de Burela (Rosalía de Castro, número 37), dirixida por Juan Eiroa e Matilde González, responsabilizarase do traballo terapéutico por segundo ano consecutivo do conxunto feminino e da escola e estrearase co equipo masculino. Outra das caras coñecidas será a do podólogo Miguel Murias (avenida Arcadio Pardiñas, número 46, Burela), asiduo do corpo médico burelista nas últimas tempadas.

Exit mobile version