Site icon Crónica3.com A Mariña

O C.B. Celtas de Foz busca patrocinador principal e espera a concesión dunha praza na liga autonómica

A nova xunta do C.B. Celtas presídea Miguel Fraga

FOZ .- O C. B. Celtas comezou a temporada este luns tras o cambio de directiva do pasado mes de Xullo e actualmente está xestionando o apoio dun novo patrocinador posto que o actual seguirá apopiando o club pero sin darlle nome ao equipo. O Celtas pediu praza para volver a militar na liga Autonómica. A federación confirmou que existen tres prazas libres, para a vindeira semana anunciará os clubs elixidos.
A evolución no C.B. Celtas producese tras o descenso na tempada pasada e a renovación da directiva da entidade. A nova xunta presídea Miguel Fraga, tamén xogador da primeira plantilla, tras pasar por tódalas categorias do club; o secretario é Simeón Neira o tesoureiro Juan María Oroza e os vocais Davíd Dorado, Alberto Fraga e Pablo Castro. Este último será o novo adestrador do primeiro equipo xunto a Ricardo Vilar.

Exit mobile version