Site icon Crónica3.com A Mariña

O C.C. Buril trae a Burela a obra para nenos e nenas “Queres que cho conte?” de Palimoco Teatro

Nota de prensa:
O Colectivo Cultural Buril presenta o próximo domingo a obra QUERES QUE CHO CONTE? de PALIMOCO TEATRO.

A representación terá lugar en Burela o domingo 21 de agosto ás 16:30 na praza da Mariña (en caso de impedilo a meteoroloxía sería na casa da Cultura).

A obra Queres que cho conte? está basada nunha selección de contos populares recollidos nun CD, e que serán narrados e musicados en directo para os nenos e nenas. Recrearanse nove contos con versións recollidas na xeografía luguesa, que son herdanza de xeracións de narradores e narradoras das aldeas e vilas de Lugo e serán rescatados neste conta-espectáculo no que se mistura música, contaconto, teatro e danza.

Esta actividade está integrada no proxecto cultural Cultura sobre Rodas que promove a Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, e será desenvolvida pola compañía de teatro profesional Palimoco Teatro en colaboración co Colectivo Cultural Buril.

Exit mobile version