Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Ciclista Burela organiza o “II Desafío en BTT” cun un percorrido de 73 km dunha grande dificultade

Nota de prensa

O Club Ciclista Burela organiza o IIº Desafío en BTT que terá lugar o vindeiro sábado dia 6 de agosto.
Esta proba é unha aposta forte polo ciclismo de montaña puro , neste Desafío poñemos a dispor dos participantes un percorrido moi variado con moitos sendeiros, camiños vellos, monte a través e algo de pista dos eólicos, encontrarán subidas de grande dificultade e vaixadas moi longas e de distinta dificultade.
A proba dará comenzo as 9:00 horas e os ciclistas terán ata as 20:00 horas para poder completar un percorrido de 73 km dunha grande dificultade .
O prezo da inscripción será de 23 € para os ciclistas federados e de 35 € para os non federados xa que pagarán un seguro para poder participar neste Desafío , contamos coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e figura no calendario de actividades da Federación.
O remate da proba , os ciclistas terán servicio de duchas e as 20:30 horas faremos unha cea no pavillón para todos , participantes e acompañantes, esta cea estará amenizada por un grupo musical.
Como actividade paralela , ofrecemos os acompañantes un autobús para que poidan ver ós participantes nun momento da proba asi como visitar o Barco Museo “Reina del Carmen” , a Igrexa da Vila do Medio donde unha guia amosará e explicará as pinturas do século XV que ali se atopan e rematarán con unha visita o monte Castelo para que vexan a fermosura da Mariña Luguesa.

Exit mobile version