Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Barreiros e a asociación “Camiños e camiñantes” organizaron unha ruta a San Estevo o Ermo

Nota de prensa:

A Delegación de Medio Ambiente de Barreiros e a asociación barreirense Camiños e Camiñantes organizaron o pasado 15 de agosto unha ruta de sendeirismo desde a praza do Concello ata a capela de San Estevo do Ermo. A xornada deu comezo ás nove da mañá para disfrutar da paisaxe a carón do río San Estevo e do entorno da capela de Santa Ana na Insua. Os participantes degustaron alí uns pinchos e emprenderon camiño de volta ata a praza do Concello, onde puideron ver a actuación da agrupación folclórica Arco da Vella de San Miguel de Reinante. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, agradece “a participación e o esforzo realizado a todos os que acudiron a esta ruta”.

Exit mobile version