Nota de prensa
O GOBERNO LOCAL FÍXOLLE CHEGAR A FOMENTO A SÚA PREOCUPACIÓN POLOS ACCIDENTES QUE SE ESTÁN A PRODUCIR NA VARIANTE DE BURELA.
O alcalde, José María González Barcia, sinalou que “na xuntanza que mantivemos onte na Demarcación de Estradas do Estado en Lugo plantexamos un problema que ven se ven producindo na nosa variante. Trátase da reiteración de accidentes que se rexistran xusto debaixo da ponte por onde pasa a estrada provincial que une Burela con Rúa”. O rexedor subliñou que “durante os meses de xuño, xullo e agosto se teñen producido sete accidentes, aos que acudiu o Grupo Municipal de Intervención Rápida. Excepto un estamos a falar de seis saídas de vía e a xuizo das persoas que integran este grupo se poden deber a varios factores: un deles, que non é descartable, poder ser a velocidade á que circulan os vehículos, pero tamén se apunta a que o asfalto poida estar deteriorado e a que poida haber substancias deslizantes no mesmo”.
Desde o goberno local amósanse satisfeitos porque “a receptividade foi absoluta, na Demarcacións de Estradas son conscientes da situación e están preparando as actuacións que levarán adiante nun prazo de tempo non moi longo para tentar solucionar este problema”. González Barcia confía en que “con esas actuacións se resolva un problema que, aínda que ata o de agora non ocasionou feridos dunha gravidade salientable, de reiterarse podería acontecer en calquera momento e poderían producirse mortes”.
O equipo de goberno burelés amósase satisfeito “coa receptividade que tivo Fomento onte en Lugo e puxémonos á súa disposición para facerlles chegar calquera documentación ou informe que o Concello poida ter para solucionar un problema que nos afecta aos usuarios desa vía. Agardamos que as solucións se poñan en marcha rápidamente e que non se produzan accidentes de xeito tan reiterado”.