Nota de prensa
O CONCELLO PON EN MARCHA A SEGUNDA FASE DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS E ENVASES DE PLÁSTICO PARA DIOGO, O NENO LUSO DE 2 ANOS QUE NACEU SEN A MAN DEREITA.
Burela, 30 de agosto de 2011. O Concello de Burela inicia a segunda fase da campaña da recollida de tapóns e envases de plástico para Diogo, o neno luso de 2 anos que naceu sen a man dereita. O meniño acaba de conseguir as 19 toneladas de plástico que precisaba para a colocación dunha man mioeléctrica, pero cando cumpra catro anos deberá dispoñer dun dispositivo máis avanzado, que lle permitirá sentir frío ou calor. Será a partires de entón cando só lle terán que facer pequenos axustes bianuais. Unha empresa do seu país que emprega plástico reciclado para a súa producción é a que recibe o material recollido a través desta campaña solidaria. Dita empresa pagou as 19 toneladas reunidas e así Diogo e a súa familia puideron facer frente a esa custosa intervención quirúrxica.
Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, “a ledicia do pequeno e da súa familia e tan indescritible que non se atreven a pedir máis, pero Diogo precisa de máis tapóns e de máis envases e da nosa solidaridade. Para conseguir o 2º obxectivo debemos reunir entre todos 32 toneladas de tapóns e envases de plástico. Os envases deben ter o símbolo do triángulo e os números no seu interior, 2, 4 ou 5. Os tapóns valen todos”. Os interesados en participar na campaña poden depositalos nos colectores situados na Biblioteca, na Casa da Xuventude e no propio Concello. A campaña de solidaridade con Diogo, que levan adiante as Concellerías de Servizos Socias, Muller, Igualdade e Sanidade e Mar e Medio denomínase O que a ti che sobra para él é un tesouro.
Os tapóns e envases recollidos nas últimos semanas en Burela foron enviados a Portugal a semana pasada xunto cos recolectados no Hospital da Costa. Persoal de dito centro viaxou ao país veciño e puido coñecer a Diogo e á súa familia.