Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela organizou actividades de Medio Ambiente para nenos e maiores

Nota de prensa:
Actividades desenvolvidas nas últimas semanas polas monitoras do centro de educación ambiental Gaia. Todas foron organizadas dende a Delegación de Medio Ambiente.

-Limpeza da praia: alumnos de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos desprazaronse a praia do Portelo e colaboraron cos operarios de limpeza de praias, quenes lles explicaron qué residúos se encontran na praia e a importancia de manter limpos e coidados os nosos areais. Os nenos atabiados con guantes e bolsas de basura recolleron plásticos, restos de cordas e demais materiais existentes na praia.

-Voar cometas: alumnos de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos voaron cometas na praia do Portelo. O fin desta actividade foi difundir o uso recreativo, lúdico e deportivo das actividades que se poden realizar ó aire libre aproveitando un recurso tan valioso como a praia.

-Reparto de cinceiros ecolóxicos: As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia repartiron pola praia do Portelo, O Cabaliño e a Marosa cinceiros ecolóxicos (para tirar as colillas e non deixalas enterradas na área ) ós usarios das praias. Tamén se deixaron deixaron nos distintos postos dos socorristas unha gran cantidade destos cinceiros para que quen os necesite pase a recollelos.

-Ademáis nos últimos días houbo unha visita ó barco museo: alumnos de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos desprazaronse ó barco museo Reina del Carmen e un guia do barco explicoulles qué artes de pesca se usan para capturar o bonito, como é a vida dos mariñeiros no mar , asi como as curiosidades do museo do barco. Os nenos percorreron as instalacions do barco subindo a cuberta, baixando os camarotes, etc.

-Xogo do paracaidas: o parque do hospital foi o esceario para facer xogos con paracaidas, os nenos divididos en equipos competiron entre eles facendo dinámicas con paracaidas, globos, pelotas, etc.

A vindeira semana seguirán as actividades de Gaia para os nenos en Burela.

Exit mobile version