Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela proxecta reparar o barco museo Reina del Carmen ao remate a temporada estival

Nota de prensa

O BARCO MUSEO REINA DEL CARMEN SUBIRÁ AO VARADEIRO EN SETEMBRO. LÓPEZ EIJO E PEDRE OTERO INDICAN QUE SE VAI REFORZAR A SÚA PROMOCIÓN.

Burela, 2 de agosto de 2011. A concelleira do Mar e Medio Ambiente burelesa, Patricia López Eijo, afirmou hoxe que o barco museo Reina del Carmen subirá ao varadeiro para facerlle as labores de mantemento que sexan precisas, sobre de todo na obra viva. Será posiblemente en setembro, logo de que remate a temporada estival.

López Eijo considera que estas tarefas deben facerse de forma periódica, “se queremos que o barco se manteña en bó estado, debido a que os anos non pasan en balde; de todos os xeitos, serán os técnicos do propio varedeiro quenes nos digan a periodicidade axeitada”. A concelleira burelesa indicou que “de non atopar problema graves, os traballos consistirán en limpeza e pintado da obra viva”.

Patricia López tamén lembrou que “a última vez que o barco subiu ó varadeiro foi en setembro de dous mil oito. Por eso non me explico como algúns piden que o barco suba canto antes, porque os que o din non poden presumir de terlle feito ao barco precisamente un mantemento axeitado, sobre todo tendo en conta que o Reina del Carmen xa tén moitos anos”.

En relación co barco, Patricia López e a concelleira de Cultura, Educación e Turismo, Mónica Pedre, manifestaron a súa intención de potenciar a promoción do barco. “Un referente medioambiental e da vida do mar como o Reina del Carmen entendemos que debe ter unha promoción o máis forte posible, e lembramos que foi precisamente co PP no goberno municipal cando se conseguiu a bandeira azul para o barco, co que sobre promoción do barco algo sabemos, tendo en conta que ademais foi un goberno do PP quen o convertiu en barco museo”, aseguraron.

O vindeiro sábado, día da Festa do Bonito, izarase a bandeira azul no Reina del Carmen.

Exit mobile version