Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela recibiu a nena rusa que pasa as súas vacacións cunha familia da localidade

Nota de prensa:

O Concello de Burela ofreceulle unha recepción esta mañá a Daria, unha rapaza rusa que pasa as súas vacacións de verán desde o 2007 cunha familia da vila. A Asociación Ledicia Cativa de Ourense, unha ONG sen ánimo de lucro, propúxose realizar neste 2011 o décimo sexto programa de acollida temporal no proceso recuperativo de saúde de menores de nacionalidade rusa, procedentes de orfanatos e familias tuteladas afectados/as pola radiación de Chernobyl. Segundo explicou a edil de Servizos Sociais, Diana Durán, “éste é o quinto ano consecutivo que Daria é acollida pola mesma familia de Burela”.

Na recepción celebrada este mediodía no Concello participaron o alcalde, José Mª González Barcia; a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, e a traballadora social, Mª Dolores Rodríguez. A nena recibiu coma agasallo diverso material escolar.

Exit mobile version