Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anuncia o remate das obras da pista dende Langoira, en Viladesuso, ata o burgo de Castelo.

Nota de prensa

REMATAN AS OBRAS DA NOVA PISTA RURAL ENTRE LANGOIRA E CASTELO

Esta actuación faise ao abeiro do Plan Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural da Xunta de Galicia (PEIM) e contou cun orzamento de 15.000 euros.

As obras consistiron na limpeza dun tramo duns 1.800 metros de lonxitude e o seu acondicionamento con zahorra. Tamén se canalizou un rego para evitar posibles inundacións en inverno.

Cervo, 22 de agosto de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou hoxe o remate das obras de apertura e adecuación da pista rural dende Langoira (no lugar de Viladesuso) ata o burgo de Castelo.

Segundo indicou o rexedor, as obras consistiron na limpeza e desbroce dun tramo duns 1.800 metros de lonxitude para despois acondicionalo con zahorra en todo o seu percorrido. Así mesmo, acometéronse traballos de canalización e recollida dun rego que discorre próximo a esta pista có obxecto de evitar posibles atrancos e ou enchentes na época de choivas. Para Villares, trátase dunha actuación importante “porque estamos a falar dun investimento de aproximadamente 15.000 euros que veñen a través do Plan Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural da da Xunta de Galicia e co que pretendemos posibilitar unha saída rodada a tódolos montes circundantes deste vial para favorecer así o seu aproveitamento e o seu uso racional” salientou o alcalde. Villares tamén valorou moi positivamente a achega económica procedente da consellería de Medio Rural a través dos programas PEIM “porque contribúe a dignificar e mellorar a calidade de vida dos veciños que reside nestas zonas” e indicou que o Concello continuará a traballar como o leva facendo nos últimos anos “para que a mellora dos camiños rurais cervenses se poda estender en vindeiras datas ao resto de pistas do nosos termino municipal”.

Os PEIM son uns proxectos promovidos pola Consellería do Medio Rural co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural e establecer un marco xeral de cooperación cos concellos onde se definan as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

Exit mobile version