NOTA DE PRENSA
O CONCELLO INVISTE PRETO DE 12.000 EUROS NA MELLORA DA PISCINA OLÍMPICA DE LIEIRO
* O Goberno local aproveitou a parada anual desta infraestrutura deportiva municipal para repoñer o encintado do vaso da piscina
* Estas obras obrigarán a prolongar o seu peche ata mediados de setembro
* O ximnasio municipal -situado nestas instalacións- non pechou en agosto e retomará o seu horario habitual a partir da semana que ven
e mellora desta instalación (unha das tres únicas piscinas de Galicia de 50 metros de lonxitude).
Ademais dos traballos habituais de mantemento que se fan anualmente no mes de agosto, coincidindo coas datas de verán, este ano o Goberno local decidiu abordar outras obras de mellora do vaso da piscina. “Como cada ano, pechamos en agosto para facer os preceptivos traballos de mantemento xeral, pero nesta ocasión decidimos ademais baleirar o vaso da piscina e repoñer o encintado das xuntas do chan, porque estaban moi desgastadas e corríamos o risco de que os azulexos se desprenderan” indicou o responsable de Deportes municipal.
Segundo precisou o alcalde, as devanditas obras teñen un custe aproximado de 12.000 euros e obrigarán a prolongar o peche da piscina dúas semanas máis do habitual. “Esperamos finalizar o encintado a semana que ven, e unha vez rematado isto, comezaremos a encher o vaso. Normalmente a piscina ábrese a principios de setembro, pero a realización destas melloras vai facer que non poidamos abrir ao público ata mediados de setembro” indicou Villares. Ao fío disto, José Ramón Soto indicou que se precisan 15 días para volver a encher os 2.500 metros cúbicos de auga que ten o vaso da piscina e acadar a temperatura idónea da auga, “de aí parte deste atraso na apertura” dixo.
Tanto o rexedor como o edil cervense pediron desculpas polas posibles molestias que se poidan derivar polo atraso, “pero estamos convencidos de que a xente o entenderá, porque son unhas obras necesarias para garantir o correcto funcionamento desta infraestrutura e redundarán no beneficio de todos os seus usuarios”.
O Ximnasio permaneceu aberto
Alfonso Villares tamén puntualizou que o ximnasio municipal -situado nas mesmas instalacións da piscina- non pechou durante o mes de agosto, se non que axustou o seu horario época estival e adiantou que para a próxima semana está previsto que se retome o seu horario habitual en xornada de mañá e tarde.
Máis de 90.000 euros de inversión nos últimos 20 meses
Villares e Soto lembraron que os investimentos feitos nos últimos 20 meses na piscina de Lieiro superaron os 90.000 euros. “Nun primer momento fixemos unha inversión de 60.000 euros, gracias ao apoio da Secretaria Xeral para o Deporte, e logo modernizamos o ximnasio cunha partida de 21.000 euros, dos cales 8.000 foron froito doutra axuda da Xunta, e agora hai que engadirlle 12.000 euros máis destas obras de mellora do vaso” indicaron.