Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo programaou un curso de coidador de discapacitados físicos e psíquicos

Nota de prensa

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

Así o informan dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo que organiza e xestiona esta acción formativa.

O CONCELLO DE CERVO TEN PROGRAMADO O INICIO DA ACCIÓN FORMATIVA “COIDADOR DE DISCAPACITADOS FÍSICOS E PSÍQUICOS” DE 218 HORAS, A PARTIR DE MEDIADOS DO MES DE SETEMBRO.

Cervo, 18 de Agosto de 2011.- O Concello de Cervo impartirá un curso de COIDADOR DE DISCAPACITADOS FÍSICOS E PSÍQUICOS de 218 horas pertencente ao catálogo AFD ( accións formativas para desempregados ) da Consellería de Traballo e Benestar que son subvencionados por esta consellería e polo Fondo Social Europeo.

Dende a Delegación de Emprego, da que é responsable a edil popular, Yolanda Pedreira, e da delegación de Servizos Sociais que dirixe Tania González Fernández explican que a finalidade destes programas é formar aos traballadores naquelas profesións que teñan mais demanda no mercado laboral co fin de facilitar a súa inserción laboral, axudarlles a manter e consolidar o seu posto de traballo mellorando a súa capacitación profesional e o seu desenrolo persoal, sobre todo para aquelas persoas que teñen mais dificultades para atopar un emprego.

O curso desenvolverase nas instalacións do antigo concello en Cervo durante 44 días lectivos en horario de mañá e proporcionará tanto formación teórica como práctica. Con esta acción formativa preténdese capacitar aos alumnos para realizar de forma autónoma e responsable as distintas funcións que un Coidador de Discapacitados Físicos e Psíquicos debe coñecer.

Aínda que está dirixido prioritariamente a persoas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, poderán participar no curso ata o 25 % de persoas ocupadas previa solicitude no propio concello.

Na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Cervo, sita na Casa do Concello ofrecen asesoramento axeitado e tramitan estas solicitudes.

Exit mobile version